Conxunto de empresarios ou patróns organizados
Etimoloxía
Palabra que nos chega desde o latín tardío patronālis 'ao que pertence ao patrón'.
Exemplos *
“O problema foi que algunhas prácticas capitalistas de beneficiar a achegados e amigos envelenaron o seu mandato. A prensa ao servizo da vil patronal logo o contou. O Pólvora houbo de abandonar o cargo. Rendeu a medalla de académico, pero ergueu o puño.” (Jaureguizar: Luzes, nº 14, 6-2016)
“A patronal carga moitísmo contra o traballador cando hai folga.” (M.G.P.[entrevista]: De luns a Venres, 8-10-2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


