patrucio

Home máis vello dunha casa, cando xa é ancián, merecente do respecto dos demais membros da familia.

Etimoloxía

Termo de orixe escura que se relaciona cunha suposta palabra *patruizo que se vincularía ao latín pater 'pai'.

Exemplos *

"A explicación do patrucio era contundente (nesa rotundidade de xuízo recoñécese Basilio como neto seu)." (Bieito Iglesias Araúxo: A vida apoteósica)

"Hugo tentou á desesperada casar axiña, amornou a súa nai, pero o usureiro patrucio, o fachendoso, non deu o corazón ao sorriso." (Xosé Vázquez Pintor: Quen faga voar)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.