patulea

Grupo ruidoso de xente, especialmente nenos

Etimoloxía

Vocábulo relacionado co portugués patuleia que se vincula, á súa vez, co verbo patulear ‘pisar forte, facendo ruído cos pés’.

Exemplos *

“A patulea do Rifante encheu a casa toda e daba medo pensar como formarían roda demandando pan ao seu patriarca.” (Daniel Rodríguez Castelao: “O Rifante”, Cousas, 1929)

“Fun ó cruceiro para participar na busca. Vexo que alí hai unha patulea de xente que vén de todo o val da Barcala e do val do Dubra, a maioría en grupiños arredor dun cámara de televisión.” (Manuel Iglesias Turnes: Que non te aten, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.