pauliña

Reprensión forte

Etimoloxía

Vocábulo que xorde do antropónimo Paulo III que foi o que comezou a repartir as cartas de excomuñón.

Exemplos *

“(...) nas pexas que lle poñen á túa lingua, / nos crueis lobishomes que te traban, / na mourén que arastora hai na túa vida, / pois volves sofrer o pesadelo / que, a Curros, lle impuxera a súa pauliña.” (Florencio Delgado Gurriarán: “Galiza ergueita”, O soño do guieiro, 1986)

“Aquel San Roque de Hío custoume unha boa pauliña do meu pai, ao ser eu involuntariamente culpable do tropezo de dous danzantes durante a contradanza que se baila ao regreso da imaxe do santo á igrexa, un baile a ritmo de muiñeira, máis rápida na súa execución que a danza da mañá.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.