pavía

Variedade de pexego de pel lisa e carne branca pegada á carabuña

Etimoloxía

Vocábulo de orixe toponímico, Pavia, cidade italiana de onde procede a árbore.

Exemplos *

“Apañou do gueipo no que levaba pavías temperás unha pistola, e apuntou ao fato de aduaneiros.” (Bieito Iglesias: Contos da terra da tarde/ Noticia dos árcades mortos ou por que non escribín certo libro meu, 2011)

“No campo da festa, unha fileira de cestas con pavías, figos e uvas recendía as aromas da terra mimosa da ribeira.” (Eduardo Prieto Casares: Folliñas que levou o tempo. Contos da Ribeira Sacra, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.