Ave de gran tamaño da orde dos galináceos orixinaria de América, coa cabeza e pescozo de cor vermella e desprovistos de plumas, carúnculas no pescozo e un apéndice eréctil sobre o peteiro
Etimoloxía
Denominación que bebe da latina pavus de significado semellante.
Exemplos *
“Todo como todos os anos, pensou Marco. Ou non. Quizais ese abraio colectivo estaba hoxe máis que xustificado, pois non era un pavo como o de todos os anos, o típico becho gordo ben cebado para cociñar despois da festa e comprado no mercado dos baixos do campanile calquera domingo de feira.” (Francisco Castro: O segredo de Marco Polo, 2010)
“Conformaban os avós unha parella senlleira que (...) vivían na aldea e só nos visitaban os días de feira ou no Nadal, cando traían, tocados por un orgullo maternal, aqueles pavos ben cebados que nutrían os nosos menús e que ese ano tamén acudirían á súa cita puntual.” (Antón Riveiro Coello: Casas baratas, 2006)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.