pavuxada

Neve que cae con pouca intensidade

Etimoloxía

Voz derivada sobre o verbo “pavuxar” que nos leva a “puvisar” e esta a “puvisa” que vén do latín vulgar*pulvisiam de significado semellante.

Exemplos *

“Corisco emprégase para a neve miúda ou sarabia que cae acompañada de vento forte e frío. Mais tamén se pode falar de “pavuxada” ou “puvisada” se esta cae con pouca intensidade.” (Gloria Montenegro: GCiencia, 30-1-2025)

“Caía a primeira pavuxada, acompañada dun vento forte que ía reforzándose aínda e converténdose nunha zalapastrada ante os ollos de Iuri Andréievich.” (Borís Pasternak: Doutor Zhivago [traducción de Aleksandr Dziuba], 2024)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.