Mozo, xeralmente nobre, que estaba ao servizo dun señor ou dunha dama de rango superior ao seu para aprender o oficio das armas.
Etimoloxía
Chegounos do antigo francés page 'criado'.
Exemplos *
"… unha carroza chea de caramelos que o rei e o paxe tiraban sen cesar ao público que asistía ao acto crendo realmente que aqueles que alí ían eran os verdadeiros reis de Oriente …" (Xosé Carlos Caneiro: Ébora)
"… viran pasear ó fabulador e mitoloxista Álvaro Cunqueiro, xa corentón, que se soñaba daquela paxe de Merlín …" (Carlos G. Reigosa: Crime en Compostela)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.