páxina

Cada unha das dúas caras da folla dun libro, caderno etc.

Etimoloxía

Voz que bebe da latina pagina ‘folla de papiro’, ‘escrito’.

Exemplos *

“Este é un volume de máis de dúas centas cincuenta páxinas de poesía, o cal para min xa é case excesivo, pois eu son máis de obras intensas que de libros extensos.” (Manuel Vidal Villaverde: Galicia Hoxe, 15-11-2010)

“Lentamente, cun tempo axustado, empezou a pasar as páxinas do libro. Era consciente, felizmente consciente, do agasallo que lle estaba facendo ao compartir aquilo con ela.” (Francisco Castro: Amor é unha palabra coma outra calquera, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.