paz

Ausencia de loita armada, exterior e interior, nun pobo, nación ou estado.

Etimoloxía

A súa orixe está no latín pax, pacis.

Exemplos *

"… todos sabemos que é mellor o respecto que a ofensa, a moderación que o arrouto, a razón que a forza, a paz que a guerra, ou un home bo que outro malo …" (Xoán Bernárdez Vilar: A saga da illa sen noite)

"Na paz, igual ca na guerra, o home amosa o seu lado terrible." (Ramiro Fonte: As regras do xogo)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.