pazo

Casa grande, antiga e nobre, especialmente a situada no medio rural.

Etimoloxía

Procede do latín palatium –ii ‘palatino’, pola referencia ao monte romano onde estaba a residencia imperial.

Exemplos *

“Era unha casa de granito de carácter tradicional galego, con elementos populares pero, sobre todo, de arquitectura de pazo, con solaina, con balconada de varandas pétreas sobre o soportal e con torre.” (Mª Xosé Queizán: Ten o seu punto a fresca rosa)

“A granxa parecía agora un pazo e o depósito de auga era unha torre de vixilancia na que dous homes armados daban voltas observando o campo con prismáticos.” (Antón Dobao: Incertos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.