Texto explicativo, xeralmente breve, que acompaña unha fotografía nun libro, xornal etc.
Etimoloxía
A acepción do termo procede do latín pede ‘pé’.
Exemplos *
“Alá cada quen que siga a acreditar nunha imaxe técnica e no pé de foto que adoita acompañala.” (Vítor Vaqueiro: A Nosa Terra, 15-03-2007)
“Lucano, sen as miñas lentes non vexo ben, que nome pon no pé de foto?” (Pedro Feijoo: Os fillos do mar, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.