pebida

Semente de diversos froitos, coma a da pera, a mazá, as uvas etc.

Etimoloxía

Procede do latín vulgar pipita, orixinado a partir da forma culta pituita 'moco, humor pituitario', xa que se apunta que a pebida das aves e a dos froitos teñen a mesma orixe.

Exemplos *

"… serviron unhas uvas e vostede coidará de que as pebidas saían da boca á palma da man co xeito máis rápido e delicado." (Luís Prego Carregal: Saber ser, saber estar. Normas-Consellos-Curiosidades)

"Para min que as uvas sen pebidas que lle valeron ao bisavó de Jardiel Poncela a medalla de ouro da Exposición Universal parisiense eran orixinarias do Danubio …" (Xosé Luís Martínez Pereiro: A verdade como mal menor)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.