Facer cesar ou ter fin a actividade de algo, de maneira temporal ou definitiva
Etimoloxía
Voz creada sobre estoutra “pecho” do latín vulgar pestulum ‘ferrollo’.
Exemplos *
“Prométolles que non tiña máis intención ca a de recomendarlle que nos deixase tranquilos, que eu mesma me encargaría de pechar o asunto das apostas de Marco...” (María Oruña: O que a marea esconde, 2021)
“[El] é o administrador de Sargadelos. [Ela] é a líder laboral na empresa pola UGT. Ambos os dous están enfrontados persoalmente e, xuntos, van pechar a empresa.” (Jaureguizar: Luzes, nº 14, 9-2018)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


