pedagogo, -a

Persoa especializada na educación ou no ensino, especialmente de rapaces

Etimoloxía

Vocábulo de orixe grega paidagogós, ‘o escravo que levaba os e as nenas á escola’, pero que nos chega a través do latín paedagogus ‘preceptor ou preceptora’.

Exemplos *

“Hai nesta actitude algo do que Jacques Rancière describe como o mestre ignorante, retomando vellas ideas do pedagogo de principios do século XIX Joseph Jacotot.” (Arturo Casas: Viaxes e construción do pensamento. Viaxes e viaxeiros na Galiza anterior a 1936 / Abstracción e mito. Traxectos de Rafael Dieste por tres continentes e dúas guerras (1917-1936), 2011)

“Estas escolas representan a realización dun ideal expresado por diversos pedagogos da época: que no medio rural o ensino se vertebrase arredor da temática agropecuaria.” (Narciso de Gabriel: Agricultura e escola. Contra a rutina e o éxodo rural, 1989)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.