Ciencia que se ocupa da educación infantil e dos métodos de ensino.
Etimoloxía
Chegounos desdo o grego, da voz paidagogía 'educación dos nenos', formada ao combinar os elementos paidós 'neno' e agoge 'acción de conducir'.
Exemplos *
"Ofreceulle unha demostración da súa pedagoxía, indo buscar a Xosé María ó cuarto onde o pechara e establecendo con el un diálogo." (Antón Risco: Tánata)
"Iso, engadido á perda nas escolas do idioma materno, ofrece un panorama desalentador para calquera galeguista, pero moito máis se este é un profesional da pedagoxía." (Olivia Rodríguez González: Estética e teoría da cultura en Vicente Risco)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


