Peza de determinados mecanismos que se acciona co pé e serve para transmitir o movemento ou para facer que funcionen outras partes.
Etimoloxía
O termo chéganos desde o latín pedalis, –e 'que é como un pé' e garda relación co feito de que a peza ten o tamaño dun pé e se acciona con el.
Exemplos *
"Coloquei o pedal contra o poio da porta e precipiteime á escuridade chea de olores." (Xavier Alcalá: Código morse)
"Manuel Martínez González (…) afronta o reto durante este próximo ano e medio de coloca-lo deporte do pedal nun bo lugar á espera das próximas eleccións en 1996" (O Correo Galego 23-02-1995)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


