pedalear

Pór en movemento o pedal dun velocípede, bicicleta, máquina etc.

Etimoloxía

Termo formado polo substantivo pedal, que procede do latín pedalem “do pé” e o sufixo de verbalización -ar.

Exemplos *

“Aproveitando a confusión dos dous ladróns, Serafina subiu en Celerífera e empezou a pedalear por unhas trabes baixas” (Teresa González Costa: A filla do ladrón de bicicletas, 2011).

“Os pedais están equipados con realimentación de forza para que pedalear costa arriba loxicamente custe máis que baixar” (Anxo Angueira: Bágoas de facer illas / Felanitx, 1997).

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.