pedrés, -esa

Que ten mestura de cores negra e branca // de pelo negro e branco // dunha cor máis escura da habitual

Etimoloxía

A voz “pedrés, -esa” orixínase nestoutra “pedra” que, á súa vez, lévanos á latina petra de significado semellante.

Exemplos *

“Agora todo era meu. Se o Arturo miraba o Pacífico sen límites desde unha mansión branca, eu ía mirar un recanto fondo do Atlántico desde a casona pedresa dos nosos maiores.” (Xavier Alcalá: Código morse, 1996)

“Pouco tempo despois, a familia que traballaba na finca decatouse de que todo o conxunto desaparecera e viu perante eles unha angarella na que se atopaban sete mulleres, pretas como tizóns, de corpos mirrados e de cabelo pedrés.” (Vítor Vaqueiro: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.