pedrestre

Que anda ou se despraza a pé / Que se fai a pé

Etimoloxía

Vocábulo que vén do latín pedestris ‘que anda a pé’.

Exemplos *

“Berraba, unha e outra vez e coa cabeza apoiada contra atrás: -Eu son pedestre, eu son pedestre! Xa nos cabaliños das festas me mareaba, mi madriña!” (Xabier Quiroga: Atuado na braña, 2002)

“O concello de Terras de Bouro fixo un excelente traballo para difundir, con folletos prácticos singulares, as súas oito rutas pedestres de curto percorrido.” (Antón Pombo: Galicia Hoxe, 6-2-2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.