Etimoloxía
Palabra derivada formada por sufixación sobre estoutra “pedra” que procede do equivalente latino petram.
Exemplos *
“Dous corvos chegaron voando dende o outeiro pedroso que podía ver alén da urbanización e pousaron no cimo dun eucalipto. Ficaron nas pólas, acicalándose cos picos e, despois, quedaron quietos, medio aparvados.” (Anxos Sumai: A lúa da colleita, 2013)
“Un día abriu a fiestra da ventá do seu cuarto, no último andar do Seminario con vistas ao verde poñente do monte Pedroso e escoitou as risas. As outras risas. Nada clandestinas. Como provocadas por cóxegas do sol.” (Manuel Rivas: Os libros arden mal, 2006)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


