pegmatita

Rocha ígnea de cor clara, grans grosos e composta basicamente por feldespato e cuarzo

Etimoloxía

Vocábulo que se forma sobre o grego pégma –atos ‘conglomerado’ e a terminación –ita que forma termos de mineroloxía.

Exemplos *

“Son filóns de pegmatita e cuarzo aloxados en xistos e granitos.” (Juan Carlos Mirre: Guía dos minerais de Galicia, 1990).

“Tamén se menciona unha pegmatita con berilo, cortando a estrada de Bande, na ponte sobre o río Corcho.” (Juan Carlos Mirre: Guía dos minerais de Galicia, 1990).

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.