peido de lobo

Fungo da orde dos gasteromicetos, globoso, de cor branca ou crema, que pasa a amarelo xofre nos exemplares máis vellos, de corpo esponxoso que se transforma nunha masa de esporas pulverulenta cando se seca e do que existen varias especies

Etimoloxía

Frase coloquial formada polo substantivo “peido” que chega desde o latín peditum ‘ventosidade’ e a frase formada sobre “lobo” procedente do latín lupus ‘lobo’.

Exemplos *

“Os nomes galegos dos cogomelos, corno pan de sapo, de cóbrega, do demo, de raposo, de curuxa, de meiga, peido de lobo, amosan unha fungofobia carente de sentido en termos gastronómicos, pero é unha crenza con raizame na nosa cultura.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas, 2012)

“E son aínda moi novos para iso. Recoméndovos, en cambio, unhas fregas de menta e peido de lobo nos outonos.” (Xosé Miranda: Infancia e desventura de Lino Carrán, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.