peita

Peite formado por un corpo convexo e varios dentes anchos, empregado para suxeitar o cabelo ou como adorno

Etimoloxía

Termo que nos leva ao latino pectem de significado semellante.

Exemplos *

“Os seus cabelos longuísimos, suxeitos tras as orellas por dúas peitas, bailábanlle arredor do corpo ata máis abaixo da cintura, compasados aos seus pasos distraídos de rapaza, igual que o seu vestido de flores, lixeiro, que desentoaba co seu corpo de muller e co frío, bailaba na brisa.” (Dolores Ruíz: Dentro da illa, 2005)

“A cerimonia estaba prevista para o mediodía. Agora tomaría as herbas e espiríana, e a moura Fátima peitearíalle os cabelos coa peita de almafí. Cen pasadas. Logo durmiría, durmiría moitas horas...” (María Gándara: Magog, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.