Persoa que sufriu unha caída total ou parcial de cabelo
Etimoloxía
Voz que é derivada destoutra “pelar” que procede do latín pilare ‘depilar’.
Exemplos *
“Procedentes dunha estreita ruela adxacente, entraron na praza varios devotos, capitaneados polo seu cura, un gordecho, pelado e de bondadoso rostro, levando en procesión unha barroquísima imaxe de San Martiño.” (Ángel de la Cruz: O descenso do derradeiro ocaso, 2005)
“O Pepe era un home groso, a quen a vida tratara ben, que empezaba a peitear algunha cana, pero que conservaba unha melena vizosa, a diferenza do pai, que ficara pelado coma unha sandía.” (Vanesa Santiago: A vida sinxela de Marcelo Firmamento, 2017)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


