peláxico, -a

Relativo ou pertencente ás zonas do mar moi distantes da terra // Que vive nas zonas máis profundas do mar

Etimoloxía

Palabra culta que bebe no latín pelagicus ‘do mar’, que remite ao grego pelagikós de significado semellante

Exemplos *

“O fuel chegou a todos os ecosistemas. O sistema peláxico foi probabelmente dos primeiros afectados.” (Victoriano Urgorri: Cerna. Revista galega de ecoloxía e medio ambiente, 2-2010)

“A noite estaba despexada, con moitas estrelas e moita luz. Sopraba unha brisa moi lixeira así que decidiron sentar no exterior, nun banco, a carón da porta. Brillaba o mar con reflexos arxénteos de vida peláxica, e brillaban os ollos de Francis en bágoas de preocupación e medo.” (Xavier Queipo: Papaventos, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.