peliqueiro, -a

Personaxe do Entroido galego propio de Laza e Verín, que se caracteriza por levar un traxe artesanal, moi vistoso e elaborado, que se pasea polas rúas da vila facendo ruído coas chocas que lle penduran do cinto e en actitude ameazante cun látego na man

Etimoloxía

Palabra derivada de “pelica”, as voces nacen do termo latino pellis, que significaba ‘pel’.

Exemplos *

“Cos cigarróns baixando do Castelo de Monterrei fixen un agasallo á miña vista, xa sinto verdadeira paixón por esta singular máscara do Entroido ourensán. Entre cigarróns e peliqueiros, gocei da festa do Entroido máis ancestral.” (Ruth Fernández Fernández: Galicia Hoxe, 8-3-2011)

“É respectado por todos e ninguén lle toca nin lle bota fariña, auga, cinza, etc. A esta máscara na zona de Laza chámanlle peliqueiro, e felo no concello de Maceda. Os felos presentan pequenas diferencias cos cigarróns e peliqueiros do Val de Verín e Laza.” (José Rodríguez Cruz: Trazos sobre a vestimenta tradicional no surleste de Ourense, 2004)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.