Bóla de distintos materiais e tamaños que se utiliza para xogar a diferentes xogos ou na práctica de certos deportes.
Etimoloxía
Chega desde o provenzal pelota e esta palabra do latín pila, –ae de significado semellante.
Exemplos *
"…nenos que xogan á pelota saltan sobre min, atropélanme, envorcan o fornelo e a tixola." (Xosé Cid Cabido: Días contados)
"Escoitaba aos nenos xogar coa pelota e unha muller tendía a roupa e cantaba…" (Manuel Rivas: Os comedores de patacas)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.