pelotón

Conxunto formado pola maior parte dos ciclistas que participan nunha carreira, cando van agrupados

Etimoloxía

Palabra que chega desde o francés peloton ‘grupo de persoas pequeno’

Exemplos *

“Comentou que na presente campaña o seu obxectivo non é outro que mellora-la súa clasificación na carreira francesa, pois o número un do pelotón mundial, Miguel Indurain, non é infalible.” (Felipe Recuero: O Correo Galego, 1996)

“Estes afeccionados a andar en bicicleta teñen prioridade de paso respecto os vehículos de motor, cando circulando en grupo o que dirixe o pelotón inicia o cruzamento ou entra nunha rotonda, sería como se o conxunto de ciclistas formase un só "vehículo".” (Miguel del Mortirolo: Sprint Motor, 11-2015)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.