peluche

Boneco de peluche

Etimoloxía

Vocábulo que bebe do seu equivalente francés peluche.

Exemplos *

“Non me gustaban de nena os peluches / e lembran meus pais que non xoguei moito ás bonecas.” (Xela Arias: Darío a diario, 1996)

“E cando vexo a Eva falar, abrazar e arroupar os peluches coma se fosen bebés, non podo evitar pensar que ten un problema psicolóxico. Non ten con quen falar e por iso volveu á amiga imaxinaria. Fáltalle cariño.” (Marina Mayoral: O anxo de Eva, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.