peme

Empresa que non supera un determinado número de empregados ou un volume de negocio ou balance anual que varían segundo a lexislación dos distintos países

Etimoloxía

Substantivación da sigla: Pequena e Mediana Empresa.

Exemplos *

“Antonio Fontenla (...) animou, durante unha xornada de presentación da Feira internacional da peme -pequena e mediana empresa- de China, ás firmas galegas a considerar a posibilidade de implantarse no país.” (E.P.: Galicia Hoxe, 22-04-2009)

“A cambio baixará cinco puntos o imposto de sociedades ás pemes que manteñen o emprego.” (Justo Beramendi: Tempos Novo, 10-2009/12)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.