pena

Pedra de gran tamaño que sobresae na terra ou no mar de forma natural

Etimoloxía

Voz que bebe na latina pinna 'pluma', 'á', 'amea'.

Exemplos *

“No Courel, atópanse nas penas dos montes, incluso en lugares, umbrosos e fríos, e así atopamos vellos e fermosos exemplares na Devesa de Penido (Vilasibil) e na Pena do Salgueiro (Meiraos).” (Jesús Alfonso Parada Jato: Usos, costumes e cousas do Courel, 2007)

Pena Trevinca ten uns 2127 metros de altura e atópase na Serra Segundeira, dividindo o seu terreo montañoso entre a provincia zamorana e a Galiza.” (Kesia Galdo: Nós Diario, 14-2-2023)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.