penacho

Parte máis alta e sobresaínte dunha rocha ou dunha montaña

Etimoloxía

Termo tomado emprestado do italiano pennacchio de significado semellante.

Exemplos *

“Columnas de fume e de po procedentes do escordamento de montañas e cordilleiras, así coma dos penachos dos volcáns, lixaban a ata entón impoluta atmosfera que envolvía o planeta.” (Xoán Bernández Vilar: Big-Bang, 1996)

“Axiña identifiquei as casas da parroquia de Toelo, o correo vello que meu pai sinalara o día do xantar na casa de dona Clara, o pequeno fato de casas en ridículo desafío fronte ao mar e as outras, alí enriba, no borde do penacho gris do monte.” (Antonio Rodríguez Baixeras: O rei dos ameneiros, 1987)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.