Pena con que se castiga, en certos xogos, unha falta cometida por un xogador na súa propia área, que consiste nun tiro directo á portaría dende pouca distancia e co porteiro como único defensor
Etimoloxía
Voz tomada do inglés penalty.
Exemplos *
“Dous goles da xogadora compostelá, que tamén errou un penalti, na vitoria 3-0 ante Irlanda, que deixa á selección feminina, con seis triunfos en seis partidos.” (Redacción: Galicia Confidencial, 13-4-2016)
“Un penalti transformado polo capitán dá aos celestes a quinta vitoria consecutiva como visitantes e mantén o equipo en plena escalada.” (Redacción: Nós Diario, 22-11-25)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


