Mancha pequena de cor parda que sae na cara ou noutras partes do corpo.
Etimoloxía
A súa orixe parece relacionada co verbo picar, que se considera unha creación onomatopeica.
Exemplos *
"Home emprendedor, espírito inquedo, pelo roxo, cara con pencas, tiraba máis a trasgo irlandés algo grandiño de altura ca un galego típico, se é que os hai." (Manuel Seixas: A velocidade do frío)
"Tiña pencas na cara e un sorriso desdentado e temerario." (Manuel Rivas: O lapis do carpinteiro)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


