pendente

Xoia con que se adorna a orella

Etimoloxía

Substantivación do participio presente pendens, -entis do verbo pendere ‘suspender’.

Exemplos *

“Debía empregar horas e horas diante do espello. As mans, cunha manicura perfecta, amosaban aneis sinxelos pero de valor, e levaba uns pendentes discretos pero tamén moi elegantes.” (Manuel Gago: O exército de fume, 2018)

“En cofres máis pequenos, xoias do aderezo feminino (colares de malaquita e ametistas, pendentes de esmeraldas, aneis de ouro e de prata). Outros cofres contiñan o esperado: moitas moedas dos reinos máis dispares.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.