penedía

Conxunto de penedos / Lugar onde abundan os penedos

Etimoloxía

Voz derivada sobre estoutra “penedo” que nos remite a “pena” que vén do latín pinna ‘amea’.

Exemplos *

“Os romanos explotaron as riquezas do Pico Sacro. As covas e o corredor que atravesa a penedía, coñecido popularmente como a rúa da raíña Lupa, deben ser pasos feitos polos romanos para transportaren os metais preciosos e baixalos até o río Ulla.” (Vítor Vaqueiro: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, 2011)

“As penedías descenden á procura dun río escuálido que esvara nos petoutos, verdecido pola sombra dos salgueiros. Todo o mundo coincide en que nunca estivo tan seco.” (Diego Ameixeiras: Matarte lentamente, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.