Hospedaxe de características modestas.
Etimoloxía
Palabra de orixe latina, vén de pension, –onis que significaba 'pagamento dunha pesada de mercancía'.
Exemplos *
"Durante toda aquela semana de combates, non saíra do meu cuarto da pensión." (Xosé Ramón Pena: Paixóns privadas)
"Buscaban cuartos prestados, pensións baratas con garantía de discreción." (Francisco X. López Rodríguez: Sombras no labirinto)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.