pentagrama

O conxunto das cinco liñas paralelas e os espazos comprendidos entre elas, en que se escribe a notación musical

Etimoloxía

Termo que chega desde a palabra grega pentágrammos, composta polos elementos gregos penta- ‘cinco’ e gramma  ‘liña’ ou ‘letra’.

Exemplos *

“As notas por encima e por debaixo de fa identifícanse, ao igual que no pentagrama anterior coa clave de sol, segundo a orde de sucesión das notas” (Mónica Groba Lorenzo: Introdución á linguaxe musical, 2006).

“Coñeces os pentagramas de que se valen os músicos para escribiren as súas composicións? Pensa neles un momento. Con esas grafías , dáse representado o que a mente do compositor oe, independentemente da lingua que fale.” (Teresa Moure: Herba moura, 2007).

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!.

Cubre a enquisa aquí