péntatlon

Conxunto de cinco exercicios que en Grecia e Roma disputaba un mesmo atleta / Modalidade deportiva que comprende cinco probas

Etimoloxía

Termo deportivo que procede do equivalente latino pentathlum, que bebe, á súa vez, do vocábulo grego péntathlon, o ‘quíntuplo desafío’.

Exemplos *

“O denominado péntatlon moderno é unha disciplina deportiva que combina probas de tiro con pistola, duelo de esgrima, natación a estilo libre, competición de hípica incluíndo salto de obstáculos e tamén unha carreira a pé, campo a través.” (AA.VV.: Galicia Hoxe, 21-11-2010)

“A selección galega de Péntatlon Moderno conseguiu seis medallas (dous ouros, unha prata e tres bronces) na Copa de Europa de Péntatlon que se disputou esta pasada fin de semana en Lisboa.” (Redacción: Nós Diario, 25-7-2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.