Zona parcialmente escurecida que constitúe a transición entre a sombra e a parte que permanece completamente iluminada durante unha eclipse
Etimoloxía
Vocábulo formado polas voces latinas paene 'case' e estoutras umbra 'sombra'.
Exemplos *
“Debido ao efecto de refracción da luz solar coa atmosfera terrestre, a Lúa pasa tamén por unha área de penumbra xusto antes e despois da fase total do eclipse; neste tempo aparece cun ton avermellado, bautizada en ocasións como 'lúa de sangue'.” (Manuel Rey: GCiencia. O portal da ciencia galega, 1-2019”
“Unha eclipse lunar con fases penumbra e parcial terá lugar este sábado, se as condicións meteorolóxicas así o permiten, entre as 20 horas deste sábado e as 00.23h da madrugada do domingo.” (Redacción: Nós Diario, 28-10-2023)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


