peón

Cada unha das pezas do xogo das damas, ou das oito pezas brancas e negras de menor valor, no xogo do xadrez.

Etimoloxía

Remite, en última instancia, ao latín pes, pedis 'pé', sobre o que se creou tardiamente o derivado pedo, pedonis, que designaba o que tiña os pés grandes ou andaba a pé.

Exemplos *

"Coidaba deses detalles como o xogador de xadrez coida dos seus peóns." (Manuel Rivas: O lapis do carpinteiro)

"… as catro eran enteiramente semellantes nas súas funcións, é dicir, estaban reducidas á simple condicións de peóns." (Antón Risco: Mascarada)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.