peonalización

Acción de peonalizar

Etimoloxía

Termo derivado sobre “peonalizar” que, á súa vez, se crea tomando como base “peón” que vén do latín pedonem de significado semellante.

Exemplos *

“A alcaldía acaba de presentar o plan de mobilidade co que busca darlle maior protagonismo á cidadanía. Corredores verdes, peonalizacións, plataformas únicas e a mellora do transporte público, con carrís específicos para buses e taxis, son os piares da súa proposta.” (Susana Rois: Nós Diario, 7-5-2020)

“Nunha cidade con tres estacións: inverno, verano e ferroviaria; a calor, a choiva e o frío condicionan nunha considerábel parte dos días o poder facer un paseo agradábel polo centro, malia o agradábel que fica esa parte do casco histórico tras a peonalización.” (Jaureguizar: A Nosa Terra, 26-9-2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.