peonil

Relativo ou pertencente ao peón

Etimoloxía

Palabra derivada sobre a voz “peón” que vén do latín vulgar *pedo, -onis que significa ‘o que vai a pé’.

Exemplos *

“A xente camiñaba cara á zona peonil porque as tendas, malia que era domingo, estaban abertas. Unha reata de turistas alemáns seguía os pasos dun guía polo centro do parque Serafín Sánchez.” (Xerardo AgraFoxo: Viaxe á última revolución, 2016)

“A nosa corporación foi das primeiras, en 2004, en facer peonís algunhas rúas, sen atopar ningunha contestación nin protesta como ocorre noutros concellos. E seguimos nesa liña, mesmo os propios comerciantes falan con nós pedindo máis peonalización, porque saben que dá bo resultado en vendas, que serve tamén como dinamizador económico.” (Rodri Suárez: Sermos Galiza, 18-12-2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.