peperetada

Cousa de comer de gusto doce e moi saborosa

Etimoloxía

Voz de orixe onomatopeica.

Exemplos *

“Tamén había tabernas de fortuna, nas que se arremuiñaban nas mesas e tallos xentes a larpar polbo á feira, queixo, empanadas, peixes fritidos con unto ou manteiga e outras saborosas peperetadas acompañadas dos obrigados grolos de viño.” (Lalo Vázquez Xil: A da alba sería, 1996)

“Vía como se lle consumía e desgaxaba por días. Preparáballe peperetadas e teimaba agarimosa para que as comese. Carmiña, por compracer á nai, picaba algo ás veces, coma un paxariño.” (Sindo Seixido: A gloria é un afiador, 1992)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.