pepitoria

Guiso elaborado con anacos de ave e cunha salsa feita con xema de ovo e améndoas

Etimoloxía

Termo que nos remite ao francés antigo petite-oie 'guiso feito coas miudanzas do ganso'.

Exemplos *

“Ramón Gómez de la Serna, o das greguerías conta que a pepitoria era un prato dos preferidos da raíña Isabel II, que gustaba de xantar a clásica pepitoria feita cunha folla de loureiro.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas, 2012)

“E quedan aínda, en palabras de Luján, os suntuosos pratos de caza: o pato salvaxe á moda de Ribadeo, as lebres beneditinas, cun punto de anís, as empanadas de coello de monte de Betanzos, (...) a perdiz en pepitoria que fan por Lugo...” (Lois Caeiro: O Correo Galego, 8-12-2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.