pequinés, -esa

Can dunha raza orixinaria da China, que se caracteriza por ser de pequeno tamaño e con moito pelo, fociño chato e ollos grandes e vivos

Etimoloxía

Termo de orixe toponímica, que remite a Pequín, e significa ‘can que procede de alí’.

Exemplos *

“Sabes que eu teño un fermoso pequinés, un magnífico can gardián, bravo e intelixente.” (Antón Risco: Tánata, 1998)

“Precedida dun canciño pequinés, que tiña unha nube nun ollo, entrou na saliña unha señora exuberante.” (Vicente Araguas: A canción do verán, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.