Froito comestible da pereira, de tamaño e forma variable segundo a caste.
Etimoloxía
A denominación latina era inicialmente pirum, -i, pero a nosa forma chegou desde o plural pira.
Exemplos *
“… aos primeiros amoríos, doces coma a compota de peras que se facían no capuchón do pote.” (Eliseo Alonso: A rúa do noxo)
“É moi do Nadal a compota de peras en viño.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.