percorrido

Espazo que percorre ou vai percorrer unha persoa, animal, unha cousa ou un grupo / Acción de percorrer

Etimoloxía

Substantivación do participio pasado do verbo “percorrer” que procede do equivalente latino percurrere ‘atravesar correndo’.

Exemplos *

“Os tres desandaron o percorrido anterior e, ao paso pola casa entraron para pechar portas e fiestras notando un ambiente moito máis limpo que á súa chegada.” (Julio Santos Pena: Ons no meu corazón. Vivencias de tres anos da miña vida como mestre na Illa, 2018)

“O mellor e ir varias veces, desde distintos puntos, en diferentes estacións, combinando percorridos en automóbil con rutas a pé, parando ou pasando a noite nos centros de maior interese ou mellor situados para facermos os nosos desprazamentos.” (Adela Leiro, Xoán Colazo e Mon Daporta: Sermos Galiza, 14-9-2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.