percusión

Conxunto de instrumentos de percusión dunha banda, orquestra etc.

Etimoloxía

Procede da forma latina percussio, –onis 'batedura', a partir de percuture 'bater con forza'.

Exemplos *

"Foran escoitar a Peixiño, un portugués que tocaba música contemporánea ante un decorado de instrumentos, ferros, campás e percusións variadas." (Mª Xosé Queizán: Ten o seu punto a fresca rosa)

"¿E fixo o pianista a parte da percusión e das voces?" (Paco Yáñez: …distancias…)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.